viernes, 16 de mayo de 2025

Importante!!!

Agora que xa case estamos aí, lembrade deixar libre a zona dos autobuses.

Despedimos a conexión e xa nos vemos nun chisco!

Ourense

Como di a pandeirada: "pasei a ponte de Ourense, paseina de madrugada".

E niso andamos, pasando por unha ponte na autovía deixando Ourense á nosa dereita.

Ímonos achegando! 

Último tramo!

Acabamos de facer a última parada e estamos de camiño no que será o tramo final da viaxe. A hora aproximada de chegada será sobre as 5:30.

Pregamos que deixedes libre a zona para aparcar os autobuses para así poder axilizar e contar con todas as medidas de seguridade o desembarco. Grazas por adiantado!

Galicia!

Acabamos de entrar en Galicia pero aínda temos que facer outra parada polo que mantemos a previsión de chegar arredor das 5:30.

Nin que dicir ten que aquí non se oe un chío!

Medina del Campo

Fixemos unha primeira parada técnica moi preto de Medina del Campo. Aproveitamos para cear algo pero o que está triunfando é o Colacao ben quentiño, preludio dunha viaxe na que o sono servirá para recrear as experiencias vividas en forma de soños.




Como dicían Medina Azahara...

Rematamos esta excursión de Golmárix por Madrid e o que levamos con nós é moito máis que mochilas cheas: son risas compartidas, confidencias e momentos que se gardarán no corazón. Nestes días aprendemos que o verdadeiro valor dunha viaxe non está só nos lugares que visitamos, senón na compañía coa que os percorremos. A amizade que naceu ou se fixo máis forte aquí será, sen dúbida, unha das mellores lembranzas que levamos!

Arrancamos de volta! Como vos dixemos, a hora aproximada de chegar será entre as 5 e as 6 da mañá. Iremos dando información máis concreta conforme vaiamos avanzando.



Seguimos vivos!

Hoxe non estamos poñendo moita cousa, pero é que non hai un segundo que perder! Para facer esta foto tivemos que atalas e pegalas no chan!

Xa avisaremos cando saiamos, aproximadamente ás 21:30!



Estos romanos...

Están tolos estos romanos! - diría calquer galo de ben... O día que descubran o cocido de Lalín a Warner pegará un chimpo en calidade!






Conquistando terras!

Entre aventura e aventura andamos cambiando os marcos e xa temos o oeste medio conquistado!





Quentando motores!

Aquí andamos na cola, pensando, argallando, buscando compañía para as atraccións máis espeluznantes... É o último día e a pesares de que se podería apreciar certo cansancio as enerxías están ao máximo nivel para vivir unha xornada inesquecible!

Vivan os reises godos!



jueves, 15 de mayo de 2025

O amencer das guerreiras e guerreiros!

Mortais e semideuses viaxeiros, aquí fala Golmárix, deusa gala da troula e os bocatrillos compartidos. Chegamos ao último día de excursión! (Respiro dramático.)

Pero non choredes, campións de mochila desfeita! Hoxe é o día grande, o día épico, o día de deixalo todo no Parque Warner! Preparade os berros porque hoxe... hoxe desfrutamos coma tolos!

Collede a capa de superheroe, o sombreiro de Looney Tunes ou o espírito salvaxe de Hollywood e lanzádevos a vivir coma se non houbese mañá (que co cansos que chegaremos será como se non houbera de verdade! 🤭).

Veña, valentes! Golmárix vixía dende as alturas e garante risas, emocións e que algunha mestra acabe mollada na atracción da auga. Que comecen as aventuras!



Pedide 3 desexos!

En breves levantarase o telón e comezará a maxia! Quizais un dos desexos sexa que esta viaxe dure varios días máis!




Xirachuzos

Fóra caen chuzos de punta pero aquí son xirasois de van Gogh os que nos empapan do seu arte!






O Retiro

Moita xente soña co retiro, pero sospeitamos que se refires a outra cousa e non a este parque! De todos xeitos isto non estivo mal para xantar e xogar un anaco!



Aquí mandamos nós!

Algún apunta maneiras para quedarse a presidir o Congreso!



Feliz ano novo!!!


 

Sus majestades!

Chéganos o aviso de que Felipe y la Leti tiveron un imprevisto e non nos poden recibir, pero faremos a visita ao Palacio Real pola nosa conta.



miércoles, 14 de mayo de 2025

Cargando pilas!

O descanso foi importante pero o nivel de enerxía hai que levantalo a base de ben!







Tu tuuuuuuu tu tuuuuuuuuuuu!!!


 Nin co noso sofar de corno de antílope sagrado conseguimos espertar a estos guerreiros, así que imos ao pozo a encher caldeiros de auga... Comeza o segundo día!

A durmir!

Boas noites, familias queridas:

Son eu, Golmárix, deusa antiga das fragas e das fontes, e hoxe quero falarvos en segredo de estrelas. Esta noite, os vosos pequenos aventureiros repousan baixo o meu manto. Xa pecharon os ollos tras un día cheo de risas, descubrimentos e pasos pequenos pero valentes.

Que non haxa medo nin saudade: eu velarei polos seus soños. Espallarei silenzo de follas e susurros de vento para que descansen en calma, e mañá esperten co corazón ledo e as fazulas cheas de luz.

Desde o berce do bosque, unha aperta fonda con cheiro a lavanda e lume baixo.