Normas básicas

Con respecto ás normas unicamente debemos ter unha palabra en consideración que é respecto. Sempre e cando o noso comportamento esté guiado por esta actitude non haberá complicacións. Aínda así faremos algunhas consideracións:


ATENCIÓN: somos unha expedición numerosa que nos veremos inmersos nunha marea de xente de todo tipo e condición polo que deberemos estar moi atentos para non extraviarnos nin perder de vista ao grupo nin á persoa responsable do grupo. Asimesmo é ben que coidemos uns dos outros e que non deixemos a ninguén só.
Ante calquer indicación teremos que reaccionar inmediatamente, sen remolonear nin discutir. Somos moitos e o ben do grupo ten primar sobre cuestións individuais!

PRUDENCIA: estamos nun sitio descoñecido polo que debemos ser moi cautos con todo o que acontece ao noso arredor.

HOTEL: no hotel estaremos cunha morea de turistas que estarán nas súas habitacións tentando descansar polo que non debemos facer barullo e respectar as horas de descanso do resto de hóspedes. Daránsevos indicacións específicas que debemos cumplir polo bo funcionamento da excursión. Por suposto, o respecto é extensible ao mobiliario e dependencias do hotel!

FOTOGRAFÍAS: Os mestres encheranse a facer fotos desde todos os ángulos e posturas, mentres paseades, mentres comedes, mentres falades cos amigos, mentres vos abraidades co que estaredes a descubrir... Por iso e para evitar un uso perxudicial das imaxes obtidas, non se permitirá levar cámara de fotos nin dispositivo algún que poida inmortalizar os momentos que estedes a vivir.

VIDEOXOGOS: Ídelo pasar sumamente ben compartindo intres cos vosos amigos dun xeito que nunca o fixestes, así que tampouco vos fan falta videoxogos nin outros artefactos que vos illen do que andaredes experimentando.

TELÉFONO: tampouco estará permitido levar teléfonos móbiles. Para comunicacións de emerxencia as familias deberán dirixirse ao colexio e desde alí xa se levarán a cabo os contactos oportunos.



E QUE FAGO SE...

...me despisto e me perdo...: se vos despistades do grupo porque vos quedastes mirando algo dedebes permanecer nese mesmo lugar  pois ao notar a falta voltaremos buscarvos seguindo o camiño andado ata que vos atopemos.
Porén, se vos vedes completamente perdidos terédesvos que dirixir ao policía máis cercano (en Madrid hainos ata debaixo das pedras) e indicarlle a vosa situación. Levaredes unha pulseiriña ou tarxeta cun número de teléfono onde nos localizarán e poderemos recollervos inmediatamente. Non perdades a calma en ningún momento!

No hay comentarios:

Publicar un comentario