Preparade os vosos zurróns, calzade ben esas botas viaxeiras e abrídevos a unha experiencia que será tan inesquecible como unha cea con Obélix (se é que vos deixa algo!).
Nesta excursión ides rir, aprender, xogar, cantar e, sobre todo, compartir. Porque o mellor das aventuras non é o que ves, senón con quen o vives. Os vosos amigos e amigas farán que cada momento sexa especial, e xuntos formaredes un equipo máis forte que calquer poción máxica.
Así que non teñades medo de probar cousas novas, de preguntar, de sorprendervos. Cada paso que deades será parte dunha historia que lembraredes moito tempo despois e que xa será parte de vós deica o confín dos tempos. Golmárix estará sempre orgullosa de vós.
Ánimo, valentes! A excursión agarda… e a amizade será o voso mellor mapa.
Con forza e moita ledicia,
Golmárix
No hay comentarios:
Publicar un comentario